viernes, 14 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas



 Con motivo da celebración das Letras Galegas, todo o alumnado do centro elaborou este mural coa faciana da homenaxeada este ano: Xela Arias.


miércoles, 12 de mayo de 2021

Día do libro

 Algúns dos alumnos de sexto  participaron nunha actividade,  organizada polo equipo da biblioteca, para celebrar o día do libro,  recomendando o seu libro preferido.

Se queredes velo, pinchade neste enlace día do libro

martes, 4 de mayo de 2021

Inspirámonos na natureza..


Despois de indagar acerca dos haikús, e descubrir que son composicións poéticas formadas por unha estrofa de tres versos- de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente- e sen rima, decidimos sair ao   ao xardín para inspirarnos na natureza e poder crear así os nosos propios haikús.

Estade atentos, en breve, poderedes velos!




 





jueves, 8 de abril de 2021

Aprendemos a maniobra de RCP

Despois de varias semanas elaborando o noso boneco na clase de valores, hoxe, grazas á axuda da profe María, aprendemos a reanimar ás persoas con parada cardiorespiratoria. Aquí vos deixo algúns documentos gráficos.





miércoles, 7 de abril de 2021

Proxecto do Camiño de Santiago

 Iniciamos o proxecto do camiño de Santiago. Tocounos a etapa de Ferrol a Pontedeume, e  comezamos indagando sobre os monumentos da cidade, os escritores máis salientables,... Seguiremos investigando sobre outros aspectos importantes.




Engandindo esceas...

Hoxe,  na clase de lingua castelá, partindo dunha obra teatral, 
inventamos unha escea coas intervencións e acotacións correspondentes.

 

jueves, 11 de marzo de 2021

Plan Proxecta. Voluntariado Miúdo.

     O noso Plan Proxecta de Voluntariado Miúdo artellase en tres bloques diferentes, coincidindo con cada unha das tres avaliacións: O prim...