O noso Plan Proxecta de Voluntariado Miúdo artellase en tres bloques diferentes, coincidindo con cada unha das tres avaliacións:
O primeiro bloque inclúe actividades solidarias con situacións vitais de colectivos vulnerables, por iso o alumnado seleccionou e púxose en contacto, por medio dun correo electrónico, con dúas ONG da nosa cidade, ACCEM e Ecos do Sur. As dúas ONG acudiron ao noso centro para explicarnos a súa labor e de que xeito podíamos axudalas. A proposta de ACCEM foi realizar unha campaña de recollida de Almorzos Saudables; mentras que a de Ecos do Sur consistiu en recoller productos de hixiene, de primeira necesidade, para os máis pequenos. Ambas recollidas foron publicitadas por medio de carteis elaborados polo alumnado, que se organizou para depositalos en locais comerciais da contorna. Tamén visitaron ao resto do alumnado do centro para sensibilizalo acerca da doación destes productos.
Clasificaron e inventariaron todo o material recollido. Ademais, encargáronse de ir polas diferentes aulas do centro para recoller as doacións do alumnado. Mesmo fixeron entrega dun diploma ao grupo que máis produtos aportou.
Ambas campañas foron moi exitosas.
.heic)














