Iniciamos un curso máis con esta fiestra que vos permita botar unha ollada a parte do traballo realizado na aula , e suxerirvos ferramentas dixitais educativas que poden ser útiles para @s vos@s fill@s.
jueves, 22 de diciembre de 2022
Boas festas!
martes, 20 de diciembre de 2022
Teatro de títeres
Como participantes do Plan Proxecta "Pasaporte Solidario" organizamos unha serie de actividades para axudar aos máis afectados no conflito bélico ruso-ucraniano. Aquí tedes unha delas: un teatrillo de títeres onde lle explicamos aos máis pequenos as consecuencias do devandito conflito e tratamos de conciencialos para que participen na recollida de alimentos e roupa e poñan así de manifesto a súa solidaridade cos máis necesitados.
O alumnado de Proxecto Competencial fixo moi bo traballo, non soamente deseñando e participando nesta actividade, senón tamén colaborando moi activamente no transporte, inventariado e clasificación de todas as aportacións realizadas pola veciñanza e as familias que se acercaron ao centro para colaborar. Moitas grazas a tod@s!
lunes, 19 de diciembre de 2022
Saídas á contorna
Estes días estamos realizando saídas á contorna máis próxima. A primeira consitiu en acompañar á rapazada de infantil a depositar as súas postais de nadal no buzón, e a segunda, tivo lugar o venres pasado, dentro das actividades deseñadas para levar a cabo o proxecto documental integrado que coñecedes. Con esta última actividade aprendemos moito acerca da historia dos barrios máis próximos á nosa escola.
Plan Proxecta. Voluntariado Miúdo.
O noso Plan Proxecta de Voluntariado Miúdo artellase en tres bloques diferentes, coincidindo con cada unha das tres avaliacións: O prim...
-
Como sabedes, estamos lendo "Sopa de Europa", de Rafael Ordóñez. Este texto narrativo conta a historia dun grupo de alumnos que...
-
Fai dúas semanas vivimos momentos moi especiais de convivencia: Visitamos ao alumnado de 6º de Educación Infantil para ilustralos acerca d...
-
Onte estivemos aprendendo que é a literatura e os diferentes xéneros literarios nos que podemos clasificala.Hoxe atrevémonos a escribir un ...














